Se muestran los 100 anuncios más recientes; use el buscador para localizar otros.
27/01/2021
En virtude do disposto nos artigos 26 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, 41.4 do Regulamento de Organización,Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, e 210.2 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en Pleno Extraordinario a celebrar na CASA DO CONCELLO, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica. Clase de Sesión: EXTRAORDINARIA Data da Sesión: 1 de febreiro de 2021. Hora de celebración en primeira convocatoria: 08:30 horas
26/01/2021
Aprobación do padrón fiscal das taxas polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon de auga correspondente ó 4.º trimestre de 2020.
05/01/2021
Acta de expediente de dominio para inmatriculación de finca sitan no lugar de Xestosa, parroquia de Albixoi a favor de Susana Bra Iglesias. Vivenda unifamiliar, alpendre e terreo. Ref. Castastral: 000500200NH66G0001ZU
28/12/2020
Rematado o prazo de exposición ao público do acordo plenario de data 26 de novembro de 2020, de aprobación inicial do expediente de transferencia de crédito TC 06/2020 do orzamento municipal para o exercicio 2020, publicado no BOP nº 203, de data 27 de novembro de 2020, sen que se presentasen reclamacións, enténdese elevado o acordo a definitivo, conforme ó disposto no artigo 179 en relación co 169 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais. Así mesmo, en cumprimento do citado artigo 169, faise público o resumo por capítulos do estado de ingresos e gastos do orzamento trala aprobación do devandito expediente:
01/12/2020
En virtude do disposto nos artigos 21.1.c) e 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, 41.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, en consonancia co artigo 210.2.a) da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en Pleno Ordinario a celebrar na Casa da Concello, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica. Clase de Sesión............................................................ ORDINARIA Data da Sesión:............................................................ 4 de decembro de 2020. Hora de celebración en primeira convocatoria:……............................ 13:30 horas. (a mesma hora, dous días despois en segunda convocatoria)
01/12/2020
En virtude do disposto nos artigos 21.1.c) e 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, 41.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, en consonancia co artigo 210.2.a) da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en Pleno Ordinario a celebrar na Casa do Concello, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica.
27/11/2020
O Pleno municipal, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o expediente de transferencia de créditos TC 06/2020, e abrir un prazo de información pública de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar reclamacións ou suxestións ante o Pleno, de conformidade co disposto no artigo 179, en relación co 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Se finalizado o prazo de exposición ao público non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o expediente.
16/11/2020
OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e administrativo do Obradoiro de emprego Brañas de Illó-Río Samo III.
16/11/2020
En data 11 de novembro de 2020 o Sr. alcalde ditou o decreto nº 369/2020 que literalmente se transcribe: “Visto o Padrón fiscal da taxa polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon de auga correspondente ao 3º trimestre do 2020, de conformidade co artigo 21.1 s) da Lei 7/1985, de 2 abril, resolvo: Primeiro.- Aprobar o Padrón das taxas polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon da auga correspondente ao terceiro trimestre de 2020. Segundo.- Expor ó público todos os datos incorporados ó Padrón que se aproba, mediante edicto que se debe publicar no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación. Esta exposición, por prazo de quince días dende a correspondente publicación, servirá de notificación colectiva a tódolos contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
11/11/2020
Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro), nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo; e no Decreto 166/2020, de 10 de setembro (DOG núm. 198, do 30 de setembro de 2020), polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2021, esta Xefatura Territorial da Consellería Emprego e Igualdade, elaborou para esta provincia da Coruña o calendario laboral, onde se determinan como inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito dos respectivos concellos, as seguintes festas locais: *16 de febreiro.- Martes de Entroido *06 de agosto.- As Misas