O Pleno municipal, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o expediente de transferencia de créditos TC 06/2020, e abrir un prazo de información pública de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar reclamacións ou suxestións ante o Pleno, de conformidade co disposto no artigo 179, en relación co 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Se finalizado o prazo de exposición ao público non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o expediente.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/11/27/2020_0000008811.html