Se muestran los 100 anuncios más recientes; use el buscador para localizar otros.
25/05/2021
PERSOAL
10/05/2021
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para a realización do servizo de vilixancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía durante a tempada estival ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña para o exercicio 2021 da Deputación Provincial da Coruña . A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.317,91 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO DENDE O 11.05.2021 ATA O 18.05.2021, INCLUSIVE.
28/04/2021
A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o 23 de abril de 2021, ditaminou favorablemente a Conta Xeral deste Concello correspondente ó exercicio 2020. De conformidade co previsto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Conta Xeral correspondente ó exercicio 2020, co informe da Comisión Especial de Contas, sométese a exposición pública por prazo de quince días contados dende o seguinte ao da data da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales e oito mais, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunos.
27/04/2021
Vista a proposta do tribunal cualificador segundo as puntuacións obtidas polos aspirantes durante o proceso selectivo, tal como se reflicte de seguido, e de conformidade coa dita proposta. PRIMEIRO.- Nomear persoal laboral temporal, para o posto de peón, dende o día 3 de maio ata o 31 de decembro de 2021, a xornada completa que a continuación se relaciona. SEGUNDO.- Realizar a seguinte lista de reserva, para o caso en que algún dos aspirantes propostos rexeite a oferta de emprego ou cese no posto por outra circunstancia, segundo á base novena da convocatoria e conforme á proposta do Tribunal Cualificador: TERCEIRO.-Abrir un prazo de 3 días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución notaboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal, para que os seleccionados presenten adocumentación requirida na base décima con carácter previo á sinatura do contrato correspondente. CUARTO.-Publicar o presente decreto na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios municipal.
23/04/2021
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria, publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos outorgando un prazo de dous días hábiles para subsanacións de deficiencias e/ou reclamacións segundo o sinalado na base sexta da convocatoria.Rematado o dito prazo sen que se presentara ningunha subsanación e/ou reclamación á dita relación provisional 1.-Aprobar a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos segundo se sinala a continuación 2.-Nomear ás persoas que se indican de seguido como membros do tribunal cualificador do proceso selectivo 3.-Convocar aos aspirantes que non acreditaron o celga e aos membros do tribunal cualificador para a realización da proba oral de lingua galega o día 27.04.2021, ás 09.30 horas, na Casa Consistorial sita na parroquia de Xanceda. 4.-Convocar a todos os aspirantes e aos membros do tribunal cualificador para a realización da proba práctica que terá lugar ese mesmo día, 27.04.2021, ás 10.30 horas, no almacén municipal sito no lugar de A Igrexa, parroquia de Boado.
20/04/2021
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria. Resólvese: Primeiro.- Aprobar a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos segundo se sinala acontinuación: Segundo.- Outorgar un prazo de dous (2) días hábiles aos efectos de subsanacións de deficiencias e/ou reclamacións segundo o sinalado na base sexta da convocatoria.
13/04/2021
Mediante Decreto da Alcaldía de data do 8 de abril de 2021 aprobouse o Padrón fiscal da taxa polo servizo de recollida de lixo para o exercicio 2021, o cal se expón ao público, para a súa notificación colectiva, de acordo co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, xeral tributaria, durante o prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo o Padrón estará a disposición dos interesados a efectos de reclamacións. Contra o acto de aprobación do Padrón e das liquidacións incorporadas a este, os contribuíntes e, en xeral, os interesados, poderán interpor os seguintes recursos: