Sede electrónica Ayuntamiento de Mesía

22:00:50 Viernes 29 de septiembre 2023
Estás en:

Información

Tablón de anuncios


Se muestran los 100 anuncios más recientes; use el buscador para localizar otros.

Catalogo de estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia

01/03/2021

Se somete ao trámite de información pública o Catálogo de estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia de clave (GA/19/096.09.1). A duración da información pública será de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en el que el Catálogo podrá ser examinado polas personas físicas o xurídicas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que estimen oportunas.


Prestacións económicas da Seguidade Social

12/02/2021

Acordo da Xefatura Territorial de Política Social con data 08 de febreiro de 2021, relativa á tramitación de expedientes de prestacións económicas da Seguridade Social, polo que se notifican actos administrativos ditados no procedemento BS650G Requirimento de documentación. Expte 150080819. DNI 76330388N


Adhesión ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp relativo á encomenda de xestión á Xunta de Galicia na tramitación dos procedementos sancionadores en relación co incumprimento das medidas contra o COVID-19

25/02/2021

O Pleno do Concello de Mesía, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2021, acordou ratificar a adhesión desta entidade local ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o Covid-19.


Aprobacion inicial orzamento 2021

17/02/2021

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de febreiro de 2021, aprobou inicialmente o orzamento xeral e cadro de persoal para o exercicio 2021, polo que, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse o expediente ó público polo prazo de quince días hábiles a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan formular as reclamacións que consideren pertinentes.


Requerimento Prestacións Económicas da Seguridade Social

12/02/2021

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro(BOE 2/10/2015), en canto ao trámite de notificación ás persoas interesadas se refire, solicitamos expoñan no taboleiro de edictos dese Concello o acordo adoptado por estaXefatura Territorial de Política Social con data 08 de febreiro de 2021, relativo á tramitación de expedientes de prestacións económicas da Seguridade Social, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G competencia desta xefatura territorial.


Pleno Ordinario 2/2021 a celebrar 12/Febreiro/2021

10/02/2021

En virtude do disposto nos artigos 21.1.c) e 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, 41.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, en consonancia co artigo 210.2.a) da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia RESOLVO CONVOCAR, logo de consulta e conformidade dos membros da corporación, Sesión deste Concello en Pleno Ordinario a celebrar na Casa da Concello, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica: Clase de Sesión.............................................ORDINARIA Data da Sesión:.............................................12 de febreiro de 2021. Hora de celebración en primeira convocatoria:...............13:30 horas. (a mesma hora, dous días despois en segunda convocatoria)


Aprobación definitiva do acordo de delegación de competencias tributarias na Deputación Provincial de A Coruña

09/02/2021

O Pleno do Concello, en sesión do 4 de decembro de 2020, aprobou inicialmente o acordo de delegación de competencias tributarias na Deputación Provincial de A Coruña que máis abaixo se transcribe, someténdose a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 212, do 11 de decembro de 2020. Transcorrido dito prazo sen que houbera alegacións ou suxestións, elévase o acordo a definitivo.


Pleno Extraordinario 1/2021 a celebrar 01/Febreiro/2021

27/01/2021

En virtude do disposto nos artigos 26 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, 41.4 do Regulamento de Organización,Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, e 210.2 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en Pleno Extraordinario a celebrar na CASA DO CONCELLO, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica. Clase de Sesión: EXTRAORDINARIA Data da Sesión: 1 de febreiro de 2021. Hora de celebración en primeira convocatoria: 08:30 horas


Padrón fiscal das taxas polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon de auga correspondente ó 4.º trimestre de 2020

26/01/2021

Aprobación do padrón fiscal das taxas polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon de auga correspondente ó 4.º trimestre de 2020.


Expediente dominio inmatriculación de finca en Xestosa-Albixoi

05/01/2021

Acta de expediente de dominio para inmatriculación de finca sitan no lugar de Xestosa, parroquia de Albixoi a favor de Susana Bra Iglesias. Vivenda unifamiliar, alpendre e terreo. Ref. Castastral: 000500200NH66G0001ZU