O Pleno do Concello, en sesión do 4 de decembro de 2020, aprobou inicialmente o acordo de delegación de competencias tributarias na Deputación Provincial de A Coruña que máis abaixo se transcribe, someténdose a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 212, do 11 de decembro de 2020. Transcorrido dito prazo sen que houbera alegacións ou suxestións, elévase o acordo a definitivo.
De seguido publícase o texto íntegro do acordo:
“1.–Delegar na Deputación Provincial da Coruña a seguinte competencia:
Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.
O exercicio das competencias delegadas levarase a cabo nos termos establecidos nas Bases para a prestación dos servizos tributarios aos Concellos da provincia e nas Bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobadas pola Deputación Provincial da Coruña.
2.–Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia e abrir un prazo de 30 días hábiles a partir da data de publicación, para a presentación de alegacións, que serán resoltas polo Pleno do Concello. De non presentarse ningunha, este acordo entenderase automaticamente elevado a definitivo