O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de febreiro de 2021, aprobou inicialmente o orzamento xeral e cadro de persoal para o exercicio 2021, polo que, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse o expediente ó público polo prazo de quince días hábiles a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan formular as reclamacións que consideren pertinentes.