22/03/2021
Aprobado inicialmente o orzamento xeral para o exercicio 2021, xunto coa plantilla de persoal, en sesión celebrada polo Pleno en data 12/2/2021, someteuse o expediente a información pública durante o prazo de quince días, en virtude de anuncio publicado no BOP nº 31, de data 17/2/2021, presentándose unha alegación que foi desestimada polo Pleno en sesión celebrada en data 18/3/2021, aprobándose definitivamente o orzamento. Ós efectos da súa entrada en vigor, faise público o seu resumo por capítulos, así como a plantilla de persoal.
17/03/2021
Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI para o curso 2021/2022: *Nenos/as que xa estiveron neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive). *Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).
15/03/2021
En virtude do disposto no artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, 41.4 do Regulamento deOrganización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, e 210.2 da Lei 5/1997, deAdministración local de Galicia, RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en PlenoExtraordinario a celebrar na CASA DO CONCELLO, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica. Clase de Sesión....................EXTRAORDINARIA. Data da Sesión:....................18 de marzo de 2021. Hora de celebración en primeira convocatoria:............08:30 horas
25/02/2021
O Pleno do Concello de Mesía, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2021, acordou ratificar a adhesión desta entidade local ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o Covid-19.
10/02/2021
En virtude do disposto nos artigos 21.1.c) e 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, 41.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, en consonancia co artigo 210.2.a) da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia RESOLVO CONVOCAR, logo de consulta e conformidade dos membros da corporación, Sesión deste Concello en Pleno Ordinario a celebrar na Casa da Concello, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica: Clase de Sesión.............................................ORDINARIA Data da Sesión:.............................................12 de febreiro de 2021. Hora de celebración en primeira convocatoria:...............13:30 horas. (a mesma hora, dous días despois en segunda convocatoria)
02/02/2021
Coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as. A contía destinadas a atender as solicitudes das ditas axudas é de 36.682,54 €, sendo a achega da Deputación Provincial da Coruña de 29.346,03 € (80%) e a achega municipal de 7.336,51 € (20%). O prazo de solicitudes das ditas subvencións dende hoxe, 06.11.2020 ata as 14.00 horas do día 25.11.2020. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Mesía. As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do concello: https://sede.concellodemesia.gal utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede. Máis información chamando ao concello ao 981 687 001.
27/01/2021
En virtude do disposto nos artigos 26 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, 41.4 do Regulamento de Organización,Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, e 210.2 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en Pleno Extraordinario a celebrar na CASA DO CONCELLO, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica. Clase de Sesión: EXTRAORDINARIA Data da Sesión: 1 de febreiro de 2021. Hora de celebración en primeira convocatoria: 08:30 horas
28/12/2020
Rematado o prazo de exposición ao público do acordo plenario de data 26 de novembro de 2020, de aprobación inicial do expediente de transferencia de crédito TC 06/2020 do orzamento municipal para o exercicio 2020, publicado no BOP nº 203, de data 27 de novembro de 2020, sen que se presentasen reclamacións, enténdese elevado o acordo a definitivo, conforme ó disposto no artigo 179 en relación co 169 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais. Así mesmo, en cumprimento do citado artigo 169, faise público o resumo por capítulos do estado de ingresos e gastos do orzamento trala aprobación do devandito expediente:
01/12/2020
En virtude do disposto nos artigos 21.1.c) e 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, 41.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, en consonancia co artigo 210.2.a) da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia RESOLVO CONVOCAR Sesión deste Concello en Pleno Ordinario a celebrar na Casa da Concello, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica. Clase de Sesión............................................................ ORDINARIA Data da Sesión:............................................................ 4 de decembro de 2020. Hora de celebración en primeira convocatoria:……............................ 13:30 horas. (a mesma hora, dous días despois en segunda convocatoria)
16/11/2020
OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e administrativo do Obradoiro de emprego Brañas de Illó-Río Samo III.