O Pleno do Concello de Mesía, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2021, acordou ratificar a adhesión desta entidade local ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o Covid-19.