27/04/2021
Vista a proposta do tribunal cualificador segundo as puntuacións obtidas polos aspirantes durante o proceso selectivo, tal como se reflicte de seguido, e de conformidade coa dita proposta. PRIMEIRO.- Nomear persoal laboral temporal, para o posto de peón, dende o día 3 de maio ata o 31 de decembro de 2021, a xornada completa que a continuación se relaciona. SEGUNDO.- Realizar a seguinte lista de reserva, para o caso en que algún dos aspirantes propostos rexeite a oferta de emprego ou cese no posto por outra circunstancia, segundo á base novena da convocatoria e conforme á proposta do Tribunal Cualificador: TERCEIRO.-Abrir un prazo de 3 días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución notaboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal, para que os seleccionados presenten adocumentación requirida na base décima con carácter previo á sinatura do contrato correspondente. CUARTO.-Publicar o presente decreto na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios municipal.
23/04/2021
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria, publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos outorgando un prazo de dous días hábiles para subsanacións de deficiencias e/ou reclamacións segundo o sinalado na base sexta da convocatoria.Rematado o dito prazo sen que se presentara ningunha subsanación e/ou reclamación á dita relación provisional 1.-Aprobar a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos segundo se sinala a continuación 2.-Nomear ás persoas que se indican de seguido como membros do tribunal cualificador do proceso selectivo 3.-Convocar aos aspirantes que non acreditaron o celga e aos membros do tribunal cualificador para a realización da proba oral de lingua galega o día 27.04.2021, ás 09.30 horas, na Casa Consistorial sita na parroquia de Xanceda. 4.-Convocar a todos os aspirantes e aos membros do tribunal cualificador para a realización da proba práctica que terá lugar ese mesmo día, 27.04.2021, ás 10.30 horas, no almacén municipal sito no lugar de A Igrexa, parroquia de Boado.
20/04/2021
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria. Resólvese: Primeiro.- Aprobar a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos segundo se sinala acontinuación: Segundo.- Outorgar un prazo de dous (2) días hábiles aos efectos de subsanacións de deficiencias e/ou reclamacións segundo o sinalado na base sexta da convocatoria.
13/04/2021
Mediante Decreto da Alcaldía de data do 8 de abril de 2021 aprobouse o Padrón fiscal da taxa polo servizo de recollida de lixo para o exercicio 2021, o cal se expón ao público, para a súa notificación colectiva, de acordo co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, xeral tributaria, durante o prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo o Padrón estará a disposición dos interesados a efectos de reclamacións. Contra o acto de aprobación do Padrón e das liquidacións incorporadas a este, os contribuíntes e, en xeral, os interesados, poderán interpor os seguintes recursos:
12/04/2021
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais do Concello de Mesía ao abeiro do Programa PEL CONCELLOS REACTIVA 2021 da Deputación Provincial da Coruña. A contratación realizarase baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.108,33 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO ATA O 19.04.2021 INCLUSIVE.
08/04/2021
Os padróns quedarán expostos ao público na Deputación provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15011 A Coruña) onde poderán ser examinados polos interesados durante o prazo comprendido desde o 12 de abril ao 11 de maio de 2021, ambos os dous inclusive. Tendo en conta a actual crise sanitaria, as consultas faranse a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono gratuíto 900132204
07/04/2021
A Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 26 de marzo de 2021, adoptou o seguinte acordo: “25. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Mesía. 1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Mesía en relación coa seguinte materia: Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano. 2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da Provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas Bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas ao efecto por esta Deputación Provincial.” O que se fai público para xeral coñecemento
06/04/2021
En virtude do disposto nos artigos 21.1.c) e 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, 41.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, en consonancia co artigo 210.2.a) da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia RESOLVO CONVOCAR, Sesión deste Concello en Pleno Ordinario a celebrar na Casa da Concello, na hora e data indicados e con suxeición a Orde do Día que se indica....... Clase de Sesión: Ordinaria....... Data da Sesión: 9 de abril de 2021....... Hora de celebración en primeira convocatoria: 13:30 horas (a mesma hora, dous días despois en segunda convocatoria)
31/03/2021
A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar. A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 euros por cada nacemento, adopción ou acollemento.
22/03/2021
Aprobado inicialmente o orzamento xeral para o exercicio 2021, xunto coa plantilla de persoal, en sesión celebrada polo Pleno en data 12/2/2021, someteuse o expediente a información pública durante o prazo de quince días, en virtude de anuncio publicado no BOP nº 31, de data 17/2/2021, presentándose unha alegación que foi desestimada polo Pleno en sesión celebrada en data 18/3/2021, aprobándose definitivamente o orzamento. Ós efectos da súa entrada en vigor, faise público o seu resumo por capítulos, así como a plantilla de persoal.