OBRADOIRO DE EMPREGO ORDES, FRADES, MESIA O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e administrativo do Obradoiro de emprego Brañas de Illó-Río Samo III.
Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.
As especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
O número total de alumnos/as traballadores/as é en total de 20 Alumnos/as traballadores/as, coa seguinte distribución por concellos:
Concello de Ordes: 10
Concello de Frades: 5
Concello de Mesía: 5