Sede electrónica Concello de Mesía

08:37:32 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Información

Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Mesía (recadación executiva)

07/04/2021

A Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 26 de marzo de 2021, adoptou o seguinte acordo: “25. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Mesía. 1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Mesía en relación coa seguinte materia: Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano. 2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da Provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas Bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas ao efecto por esta Deputación Provincial.” O que se fai público para xeral coñecemento


Xustificantes de Publicación: