O Pleno do Concello, en sesión de 7 de agosto de 2020, acordou aprobar provisionalmente o establecemento da taxa pola prestación do servizo do punto de atención á infancia (PAI) do concello de Mesía e a Ordenanza fiscal reguladora da mesma, someténdose os acordos a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 127, do 11 de agosto de 2020, sen que houbera reclamacións ou suxestións, polo que, de conformidade co artigo 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, elévase a definitivo o acordo e publícase o texto íntegro da ordenanza: