Coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as. A contía destinadas a atender as solicitudes das ditas axudas é de 36.682,54 €, sendo a achega da Deputación Provincial da Coruña de 29.346,03 € (80%) e a achega municipal de 7.336,51 € (20%). O prazo de solicitudes das ditas subvencións dende hoxe, 06.11.2020 ata as 14.00 horas do día 25.11.2020. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Mesía. As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do concello: https://sede.concellodemesia.gal utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede. Máis información chamando ao concello ao 981 687 001.