Pleno do Concello de Mesía, en sesión celebrada o día 2 de outubro de 2020, aprobou inicialmente modificar o Regulamento de réxime interno do Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Mesía. O que se fai público durante un prazo de trinta días hábiles, contados dende o día seguinte ó da publicación deste edito no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións ou suxestións que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local. De non presentarse reclamacións, entenderase adoptado definitivamente o acordo.