O Concello de Mesía apoiará, de cara o curso escolar 2020-2021, aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello, co fin de facilitarlles o seu desprazamento diario. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, ...). O prazo para presentar as solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e ata o 30 de outubro de 2020.