A matrícula do imposto sobre actividades económicas do exercicio 2020, elaborada e facilitada pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), esta a disposición do público dende o 15 ao 30 de xuño de 2020
Estes concellos son os que delegaron na Deputación Provincial da Coruña as facultades que a lei lles atribúe en materia de xestión tributaria e recadatoria relativas ao dito imposto, de conformidade co disposto no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
A matrícula inclúe, se é o caso, as cotas nacionais cando o domicilio fiscal do suxeito pasivo corresponda a algún dos concellos antes indicados.
En cumprimento do sinalado no artigo 90 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 3 do Real decreto 243/1995, de 17 de febreiro, polo que se ditan normas para a xestión do imposto sobre actividades económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censual do devandito imposto, a matrícula do imposto ponse a disposición do público nos devanditos concellos dende o día 15 ao 30 de xuño de 2020.
Tendo en conta a actual situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que motivou a declaración do estado de alarma mediante o Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, as consultas da matrícula na Deputación realizaranse por medio de correo electrónico dirixido a: iae@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 981 080 049.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/06/12/2020_0000003473.html