Anuncio da exposición pública da matrícula do IAE - Exercicio 2020
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/06/12/2020_0000003473.html
A Axencia Estatal de Administración Tributaria puxo ao dispor da Deputación Provincial da Coruña a matrícula do imposto sobre actividades económicas do exercicio 2020.
A matrícula do imposto ponse a disposición do público dende o día 15 ao 30 de xuño de 2020.
Tendo en conta a actual situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que motivou a declaración do estado de alarma mediante o Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, as consultas da matrícula na Deputación realizaranse por medio de correo electrónico dirixido a: iae@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 981 080 049.