Sede electrónica Ayuntamiento de Mesía

10:19:43 Jueves 28 de marzo 2024
Estás en:

Información

Dominio Público Hidráulico

15/01/2020

Autorización de vertido de augas residuais industriais de escorrega depuradas a un regato afluente do rego de Lodeiro (cunca do río Tambre) procedentes da explotación de arxila <> localizada na parroquia de Xanceda.

Autorización de vertido de augas residuais

EPIFANIO CAMPO, S.L., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para o vertido dun caudal máximo de 24.178 m3/ano de augas residuais industriais de escorrega depuradas a un regato innominado afluente do rego de Lodeiro (cunca do río Tambre) procedentes da explotación de arxila «San Salvador n.º 130», localizada na parroquia de Xanceda (T.M. Mesía).

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na explotación acumúlanse nunha balsa de decantación escavada no terreo e localizada no fondo da zona de explotación, de 4.000 m3 de capacidade e dimensións 40 x 20 m2 de superficie e 5 m de profundidade. O efluente desta balsa vértese, mediante bomba sobre pontona flotante de 25 m3/h de capacidade, no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=563.540; Y=4.770.313, dende onde discorre por escorrega natural ata a súa incorporación a un regato innominado, afluente do rego de Lodeiro (cunca do río Tambre) no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=563.431; Y=4.770.377. No punto de vertido disporase encachado de pedra de 1,5 x 3 m2 para a disipación da enerxía cinética do vertido.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de TRINTA (30) DÍAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela, e no Servizo Territorial Centro de Augas de Galicia sito na rúa Tomiño 16 de Santiago de Compostela, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019.

Xefa da Área de Vertidos

Leticia Valladares López

2019/10124

Enlace ao BOP