Sede electrónica Concello de Mesía

07:52:47 Xoves 21 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo con a lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante.
  • En caso de persoas xurídicas, DNI do representante e documentación acreditativa da súa representación (escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto en orixinal ou copia compulsada).
  • Proxecto técnico redactado por técnico competente (visado nos casos legalmente establecidos)
  • Escritura Pública onde figuren as correspondentes cesións a viais, se procede.
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas:

Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade:

  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • Orixinal ou copia cotexada da autorización ambiental ou declaración ambiental que proceda.

No caso de que actividade estea sometida a avaliación de incidencia ambiental, deberá presentar ademais:

  • Copia do proxecto da obra ou actividade asinada por técnico/a responsable.
  • Declaración de incidencia ambiental.
  • Certificación do/a técnico/a ou dos/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre coa normativa técnica de aplicación (art.33.c) da Lei 9/2013).

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter do silencio administrativo:
Silencio positivo.

Taxas/Impostos:
Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.