Sede electrónica Concello de Mesía

12:27:19 Mércores 3 de marzo 2021
Estás en:

Información

Taboleiro de anuncios

Calendario Laboral 2021

11/11/20

Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro), nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo; e no Decreto 166/2020, de 10 de setembro (DOG núm. 198, do 30 de setembro de 2020), polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2021, esta Xefatura Territorial da Consellería Emprego e Igualdade, elaborou para esta provincia da Coruña o calendario laboral, onde se determinan como inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito dos respectivos concellos, as seguintes festas locais: *16 de febreiro.- Martes de Entroido *06 de agosto.- As Misas


Aprobación definitiva da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo do punto de atención á infancia (PAI)

29/09/20

O Pleno do Concello, en sesión de 7 de agosto de 2020, acordou aprobar provisionalmente o establecemento da taxa pola prestación do servizo do punto de atención á infancia (PAI) do concello de Mesía e a Ordenanza fiscal reguladora da mesma, someténdose os acordos a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 127, do 11 de agosto de 2020, sen que houbera reclamacións ou suxestións, polo que, de conformidade co artigo 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, elévase a definitivo o acordo e publícase o texto íntegro da ordenanza:


Aprobación definitiva do Regulamento de réxime interno do punto de atención á infancia (PAI)

28/09/20

O Pleno do Concello, en sesión de 7 de agosto de 2020, acordou aprobar inicialmente o Regulamento de réxime interno do punto de atención á infancia (PAI) do concello de Mesía, someténdose o acordo a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 127, do 11 de agosto de 2020, sen que houbera reclamacións ou suxestións, polo que, de acordo co artigo 49.c da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, enténdese definitivamente adoptado o acordo.


Bolsa de Emprego para o posto de Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

22/09/20

Por Decreto de alcaldía nº 292/2020 de data 22 de setembro de 2020, aprobouse a bolsa de emprego para o posto de auxiliar de apoio do Punto de Atención á Infancia municipal “Os Camiños”, segundo o establecido na base 9.3. das que regulan o proceso selectivo, que queda como segue:


Bolsa de Emprego para o posto de Educadora Infantil do PAI "Os Camiños"

22/09/20

Por Decreto de alcaldía nº 293/2020 de data 22 de setembro de 2020, aprobouse a bolsa de emprego para o posto de Educadora Infantil do Punto de Atención á Infancia municipal “Os Camiños”, segundo o establecido na base 9.3. das que regulan o proceso selectivo, que queda como segue:


Listaxe definitiva de puntuacións Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

17/09/20

Eladio Bendaña Pardo, Secretario do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación dun/dunha auxiliar de apoio do Punto de atención á infancia municipal “Os Camiños” e elaboración dunha bolsa de emprego, pola presente informo que: Logo das correspondentes sesións do Tribunal de valoración de méritos e entrevistas ás/aos aspirantes, a orde de puntuación queda como segue:


Listaxe definitiva de puntuacións Educadora Infantil do PAI "Os Camiños"

17/09/20

Eladio Bendaña Pardo, Secretario do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación dun/dunha educadora infantil do Punto de atención á infancia municipal “Os Camiños” e elaboración dunha bolsa de emprego, pola presente informo que: Logo das correspondentes sesións do Tribunal de valoración de méritos e entrevistas ás/aos aspirantes, a orde de puntuación queda como segue:


Bolsa de Emprego para o posto de Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

17/09/20

Por Decreto de alcaldía nº 292/2020 de data 22 de setembro de 2020, aprobouse a bolsa de emprego para o posto de auxiliar de apoio do Punto de Atención á Infancia municipal “Os Camiños”, segundo o establecido na base 9.3. das que regulan o proceso selectivo, que queda como segue:


Aprobación definitiva Exp. de Transferencia de Crédito TC 01/2020

15/09/20

Rematado o prazo de exposición ao público do acordo plenario de data 7 de agosto de 2020, de aprobación inicial do expediente de transferencia de crédito TC 01/2020 do orzamento municipal para o exercicio 2020, publicado no BOP n.º 129, de data 13 de agosto de 2020, sen que se presentasen reclamacións, enténdese elevado o acordo a definitivo, conforme ó disposto no artigo 179 en relación co 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Así mesmo, en cumprimento do citado artigo 169, faise público o resumo por capítulos do estado de ingresos e gastos do orzamento trala aprobación do devandito expediente.


Comunicación tribunal cualificador, segunda e última convocatoria de entrevistas selección de Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

11/09/20

Debido ao gran número de aspirantes empatados/as, en aras a unha maior axilidade e co fin de evitar esperas e aglomeracións incompatibles coas boas prácticas sanitarias vixentes, o Tribunal Cualificador decidiu convocar ás persoas aspirantes en días distintos, sendo o seguinte e último día o vindeiro mércores 16 de setembro de 2020 na Casa Consistorial sita en Xanceda, e no seguinte horario: