Sede electrónica Concello de Mesía

07:19:45 Xoves 21 de outubro 2021

Información

Intervención e facenda municipal

14/05/2021

Aprobación Padrón fiscal auga 1º ttre. 2021

En data 11 de maio de 2021 o Sr. alcalde ditou o decreto nº 178/2021 que literalmente se transcribe:

“Visto o Padrón fiscal da taxa polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon de auga correspondente ao primeiro trimestre do 2021, de conformidade co artigo 21.1 s) da Lei 7/1985, de 2 abril, resolvo:

Primeiro.- Aprobar o Padrón das taxas polo servizo de abastecemento de auga, saneamento e canon da auga correspondente ao primeiro trimestre de 2021.

Segundo.- Expor ó público todos os datos incorporados ó Padrón que se aproba, mediante edicto que se debe publicar no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación. Esta exposición, por prazo de quince días dende a correspondente publicación, servirá de notificación colectiva a tódolos contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Terceiro.- Establecer o período de cobramento en período voluntario, que abranguerá dende o 15 de maio ó 15 de xullo de 2021. Transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros de mora e os recargos que legalmente procedan, de acordo co previsto no artigo 28 da Lei Xeral Tributaria.

Cuarto.- A falta de pagamento en período voluntario do canon da auga suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía e constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

A repercusión do canon de auga poderá ser obxecto de reclamación económico – administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) da Xunta de Galicia, no prazo de 1 mes dende o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón.

Quinto.- Contra as liquidacións incorporadas ó Padrón todos os interesados poderán interpor recurso de reposición ante esta Alcaldía, segundo o disposto no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón. A interposición do recurso non suspende a eficacia das liquidacións correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente mencionado. O recurso entenderase desestimado se non se resolve expresamente no prazo de un mes dende a súa interposición. Contra a desestimación presunta do recurso poderase interpor recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de A Coruña, no prazo de dous meses, dende a notificación da resolución expresa, ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta, tal como establece o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso - administrativa. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.”

En Mesía, a 11 de maio de 2021.

O alcalde – presidente,

 D. Mariano Iglesias Castro.


Xustificantes de Publicación: