Sede electrónica Ayuntamiento de Mesía

08:12:48 Lunes 14 de junio 2021
Estás en:

Información

Tablón de anuncios

Aprobación definitiva da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo do punto de atención á infancia (PAI)

29/09/2020

O Pleno do Concello, en sesión de 7 de agosto de 2020, acordou aprobar provisionalmente o establecemento da taxa pola prestación do servizo do punto de atención á infancia (PAI) do concello de Mesía e a Ordenanza fiscal reguladora da mesma, someténdose os acordos a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 127, do 11 de agosto de 2020, sen que houbera reclamacións ou suxestións, polo que, de conformidade co artigo 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, elévase a definitivo o acordo e publícase o texto íntegro da ordenanza:


Aprobación definitiva do Regulamento de réxime interno do punto de atención á infancia (PAI)

28/09/2020

O Pleno do Concello, en sesión de 7 de agosto de 2020, acordou aprobar inicialmente o Regulamento de réxime interno do punto de atención á infancia (PAI) do concello de Mesía, someténdose o acordo a información pública polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio publicado no BOP n.º 127, do 11 de agosto de 2020, sen que houbera reclamacións ou suxestións, polo que, de acordo co artigo 49.c da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, enténdese definitivamente adoptado o acordo.


Elección de Xuíz de Paz Sustituto

29/09/2020

Non tendo elixido Xuíz de Paz Sustituto para o Concello de Mesía, convócase para que no prazo de 15 días computados a partires da publicación deste Edito no Boletín Oficial da Provincia, cantos teñan interése en aspirar ao mencionado cargo dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña.


Inmatriculación de finca non inscrita na parroquia de Lanzá

21/09/2020

Acta de expte de dominio para inmatriculación de finca na parroquia de Lanzá, concello de Mesía con referencias catastrais 15048A505004880000KM e 15048A505004880001LQ e Vivenda con referencia catastral 000600200nh660001EH.


Bolsa de Emprego para o posto de Educadora Infantil do PAI "Os Camiños"

22/09/2020

Por Decreto de alcaldía nº 293/2020 de data 22 de setembro de 2020, aprobouse a bolsa de emprego para o posto de Educadora Infantil do Punto de Atención á Infancia municipal “Os Camiños”, segundo o establecido na base 9.3. das que regulan o proceso selectivo, que queda como segue:


Listaxe definitiva de puntuacións Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

17/09/2020

Eladio Bendaña Pardo, Secretario do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación dun/dunha auxiliar de apoio do Punto de atención á infancia municipal “Os Camiños” e elaboración dunha bolsa de emprego, pola presente informo que: Logo das correspondentes sesións do Tribunal de valoración de méritos e entrevistas ás/aos aspirantes, a orde de puntuación queda como segue:


Listaxe definitiva de puntuacións Educadora Infantil do PAI "Os Camiños"

17/09/2020

Eladio Bendaña Pardo, Secretario do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación dun/dunha educadora infantil do Punto de atención á infancia municipal “Os Camiños” e elaboración dunha bolsa de emprego, pola presente informo que: Logo das correspondentes sesións do Tribunal de valoración de méritos e entrevistas ás/aos aspirantes, a orde de puntuación queda como segue:


Bolsa de Emprego para o posto de Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

17/09/2020

Por Decreto de alcaldía nº 292/2020 de data 22 de setembro de 2020, aprobouse a bolsa de emprego para o posto de auxiliar de apoio do Punto de Atención á Infancia municipal “Os Camiños”, segundo o establecido na base 9.3. das que regulan o proceso selectivo, que queda como segue:


Bolsa de Emprego para o posto de Auxiliar de Apoio do PAI "Os Camiños"

22/09/2020

Por Decreto de alcaldía nº 292/2020 de data 22 de setembro de 2020, aprobouse a bolsa de emprego para o posto de auxiliar de apoio do Punto de Atención á Infancia municipal “Os Camiños”, segundo o establecido na base 9.3. das que regulan o proceso selectivo, que queda como segue:


Sorteo de candidatos a xurados 2020

16/09/2020

En cumprimento do disposto no Artígo 13.2 da Lei orgánica 5/1995, de 22 de maio, do Tribunal do Xurado e do Real decreto 1398/1995, de 5 de agosto, modificado polo Real decreto 1271/2012, de 31 de agosto, o acto do sorteo para a selección dos candidatos a xurados terá lugar ás 12:00 horas do día 24 de setembro na Sala de Xuntas desta Delegación Provincial, o que se comunica para xeral coñecemento.