Sede electrónica Concello de Mesía

07:33:29 Martes 16 de xullo 2024
Estás en:

Información

Bases e convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal de dous/dúas socorristas

10/05/2021

O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS/DÚAS SOCORRISTAS para a realización do servizo de vilixancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía durante a tempada estival ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña para o exercicio 2021 da Deputación Provincial da Coruña . A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.317,91 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO DENDE O 11.05.2021 ATA O 18.05.2021, INCLUSIVE.


Xustificantes de Publicación: