A sesión formativa tivo lugar o martes, 30, na Casa da Cultura de Xanceda.
As persoas que asistiron ao taller formativo sobre a Sede Electrónica de Mesía, cinco novos integrantes do programa de voluntariado do concello, destacaron a utilidade de poder facer trámites no seu concello desde a distancia. Todas elas estudan fóra do municipio, de maneira que valoraron moi positivamente contar cunha oficina electrónica que lles facilita a relación co seu concello desde calquera lugar e a calquera hora. No taller coñeceron tamén os diferentes métodos de identificación dixital, dos que destacaron as súas vantaxes na enquisa de avaliación que cubriron ao final da formación.