Un taller formativo que terá lugar o martes 30, ás 11 da mañá, servirá para que as mozas e mozos que interveñen nun programa de voluntariado do concello coñezan a sede electrónica de Mesía e o seu funcionamento.
O obradoiro terá lugar na aula informática da Casa da Cultura de Xanceda. Impartirá a formación a axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital.