Sede electrónica Concello de Mesía

06:03:03 Sábado 5 de decembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza no punto de atención infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria. Novo ingreso: 13 ao 25 de Agosto; .

    • Formulario de Solicitude de praza no Punto de Atención Infantil (E obligatorio achegar este formulario cumprimentado e asinado)
    • Copia do DNI da nai, do pai ou tutor/a legal.
    • Libro de familia ou Certificado de familia numerosa.
    • Certificado de empadroamento da unidade familiar e no seu caso, certificado de empresa e contrato laboral.
    • No caso de nenos/as con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do organismo competente no que se indique o grao de discapacidade así como a necesidade de integración.
    • Informe dos servizos sociais nos supostos nos que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por a situación especial na que viva a unidade familiar.

    No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello, según o artígo 68 da Lei 39/2015, de 1 de octubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, requirirá ao interesado para que, nun prazo de 10 días, enmende os erros detectados con indicación de que, si así non se fixese teráse por desistida a súa petición, logo da resolución en tal sentido.

    DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
    Os interesados tendrán que presentar dentro dos 10 días seguintes a notificación da admisión, a seguinte documentación complementaria:
    – Certificado médico do neno/a.
    – Carnét de vacinacións actualizado ou das páxinas da libreta sanitaria infantil onde haia anotacións.
    – Fotocopia da tarxeta sanitaria.
    – Catro fotografías tamaño carné.
    – Certificado conta bancaria para domiciliación.
    – Fotocopia compulsada da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, certificado emitido por a Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
    – No caso de separación matrimonial ou ruptura da parella de feito con fillos/as: sentencia de separación/divorcio ou sentencia sobre medidas paterno-filiales.

    A non presentación da documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Nome: Solicitude de praza no punto de atención infantil (PAI).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.