Sede electrónica Concello de Mesía

01:14:07 Mércores 20 de novembro 2019
Estás en:

Información

Mesía forma á mocidade do concello no uso da súa sede electrónica

29/07/19

Un taller formativo que terá lugar o martes 30, ás 11 da mañá, servirá para que as mozas e mozos que interveñen nun programa de voluntariado do concello coñezan a sede electrónica de Mesía e o seu funcionamento.

O obradoiro terá lugar na aula informática da Casa da Cultura de Xanceda. Impartirá a formación a axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital.